Declaración de accesibilidade
Introdución
En Santillana, a accesibilidade e a inclusión constitúen valores fundamentais no desenvolvemento dos nosos produtos e servizos educativos. Somos plenamente conscientes da importancia de garantir que todas as persoas, independentemente das súas capacidades, limitacións persoais ou contexto de acceso, poidan percibir, usar e comprender os nosos contidos.
Marco legal
A partir do 28 de xuño de 2025, entra en vigor en España a Lei 11/2023, que traspón a Acta Europea de Accesibilidade (Directiva 2019/882). Esta normativa establece requisitos obrigatorios de accesibilidade para produtos e servizos dixitais, incluíndo os libros electrónicos, os seus programas especializados e os sitios web de comercio electrónico.
A directiva europea baséase na norma EN 301 549, que define os requisitos de accesibilidade aplicables a produtos e servizos de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Esta norma, pola súa vez, fundaméntase nas Pautas de Accesibilidade para o Contido Web (WCAG 2.1), desenvoltas polo World Wide Web Consortium (W3C). Estas pautas constitúen o estándar internacional de referencia para acreditar a accesibilidade dixital.
As WCAG 2.1 establecen tres niveis de conformidade:
- Nivel A: é o nivel mínimo de accesibilidade. Inclúe os requisitos básicos que deben cumprirse para que o contido sexa accesible.
- Nivel AA: é o nivel exixido pola lexislación europea e a española. Abrangue un conxunto máis amplo de criterios, que permiten que o contido sexa accesible para un maior número de persoas.
- Nivel AAA: é o nivel máis esixente. Inclúe requisitos adicionais que melloran aínda máis a experiencia das persoas, aínda que non sempre son aplicables ou alcanzables en todos os contextos.
Compromiso
O noso propósito é lograr o cumprimento de todos os requisitos de nivel A e AA das WCAG 2.2 xunto con certos requisitos de nivel AAA considerados relevantes para a mellora da experiencia de uso dos nosos materiais por todas as persoas.
Medidas que apoian a accesibilidade
Para apoiar este compromiso, implementamos diversas medidas que promoven a accesibilidade:
- A posta en marcha de prácticas específicas para o deseño e a creación de contidos dixitais que aseguren o cumprimento dos estándares de accesibilidade.
- A formación continua dos nosos equipos en materia de accesibilidade dixital.
- A colaboración con equipos expertos e organizacións especializadas para avaliar e mellorar os nosos produtos.
- A creación de canles de comunicación para recibir e atender suxestións ou incidencias relacionadas coa accesibilidade.
Situación de cumprimento
En Santillana, temos un firme compromiso coa mellora continua da accesibilidade nos nosos produtos e servizos dixitais. Estamos levando a cabo melloras significativas para asegurar que os produtos futuros cumpran cos estándares establecidos na normativa vixente e garantir unha experiencia inclusiva para todas as persoas.
Contacto e soporte
O noso obxectivo é que a accesibilidade sexa un piar transversal en toda a nosa oferta educativa. Por iso, invitamos a quen utilice os produtos de Santillana a comunicarse co noso equipo para compartir calquera dificultade ou suxestión de mellora, a través do correo electrónico accesibilidad@santillana.es.
Preparación da presente declaración
A presente declaración foi preparada o 26/06/2025.
A presente declaración revisouse por última vez o 26/06/2025.
