Condicións de uso
www.loqueleo.es (en adiante, a Web) é un sitio web propiedade de Sanoma Educación, S.L. (en adiante, Santillana), sociedade española con domicilio en Ronda de Europa nº 5 (28760 Tres Cantos, Madrid) e CIF B-28119261. Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 930, folio 33, sección 8ª, folla M-11470, inscrición 1ª.
O acceso, reprodución e uso dos servizos da Web require a aceptación previa das Condicións de Uso vixentes en cada momento; Santillana reserva para si o dereito de modificar estas Condicións cando o considere oportuno, mediante a publicación do novo texto na Web.
É responsabilidade do usuario coñecer as Condicións de Uso antes de acceder aos produtos e servizos da Web; no caso de non estar conforme con elas, por favor, abstéñase de utilizala.
PROPIEDADE
A Web é unha obra composta de diversos elementos integrados e inseparables (texto, ilustracións, fotografías, sons, música, imaxes animadas, vídeos, programas de ordenador, incluídos os códigos html do sitio web, etc.), cuxa Propiedade Intelectual lle corresponde a Santillana, salvo no referente a aqueles materiais obtidos baixo licenza de terceiros.
Santillana e os seus licenciantes reteñen en todo momento a Propiedade Intelectual sobre a Web e sobre os distintos elementos que a compoñen, individualmente considerados, en todas as copias que se realicen (calquera que sexa o soporte ao que se incorporen), e conceden sobre estes unicamente os dereitos de uso que máis adiante se describen. Calquera dereito que non sexa expresamente cedido enténdese reservado.
Ademais do anterior, Santillana é responsable da selección, deseño da estrutura e disposición dos contidos da Web, así como quen tomou a iniciativa e asumiu o risco de efectuar os investimentos substanciais orientados á obtención, dixitalización e presentación desta.
Santillana é tamén a única propietaria do deseño e imaxe gráfica da Web, e reserva as accións que legalmente lle correspondan contra as persoas que puidesen realizar imitacións ou usos desleais del.
As Marcas de Santillana ou de terceiros que aparezan na Web non poderán ser reproducidas ou utilizadas separadamente, fóra dos lugares da Web onde estas aparezan.
CONTIDOS WEB E DESCARGAS. USOS PERMITIDOS
Está permitida:
- A navegación pola Web, é dicir, o acceso e visualización desta nun dispositivo, e queda autorizada calquera reprodución temporal ou accesoria, sempre que esta non sexa voluntaria e forme parte integrante e esencial do proceso tecnolóxico de transmisión.
- A navegación por determinadas seccións da Web requiren o rexistro previo.
- Reproducir de forma permanente en calquera tipo de soporte informático (excepto centros servidores de redes ou dispositivos equivalentes) os materiais expresamente indicados na Web como susceptibles de descarga gratuíta, nas condicións que máis abaixo se indican nesta mesma cláusula.
- Logo do rexistro, beneficiarse dos servizos e das vantaxes prestados por Santillana a través da Web aos seus usuarios inscritos, nas condicións que se sinalen expresamente nas distintas seccións.
As operacións autorizadas poderán ser realizadas no ámbito privado, e as copias lexitimamente obtidas tanto dos contidos da Web coma dos produtos sinalados nela como susceptibles de descarga, só poderán ser utilizadas para fins estritamente persoais e privados dos usuarios.
Quedan prohibidas calquera outras operacións respecto da Web, dos seus contidos, dos produtos descargados e das copias de todos eles que sexan contrarias á Lei, aos bos costumes e á boa fe e, especialmente:
- Calquera utilización fóra do ámbito persoal e privado, especialmente aquelas que teñan fins comerciais ou profesionais, incluído o envío de publicidade ou mensaxes e a recompilación e o tratamento de datos de terceiros.
- A súa modificación e, en xeral, calquera transformación destes, incluída a tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra, incluída a corrección de erros dos programas de ordenador, dos que tampouco se poderán realizar versións sucesivas nin programas derivados.
- A súa carga e/ou utilización en calquera sistema de rede de ordenadores, aínda que o acceso a este non poida ser realizado simultaneamente polos distintos usuarios desa rede.
- Calquera tipo de extracción, comunicación pública e/ou transmisión, total ou parcial, por calquera medio, fóra do ámbito privado de uso permitido e, especialmente, a súa incorporación a calquera outra obra, incluídas páxinas web, coleccións ou bases de datos. Exceptúase desta prohibición a publicación en medios de comunicación dos materiais susceptibles de descarga da sección Sala de Prensa.
- A remoción, ocultación ou falseamento dos avisos e das advertencias sobre a Propiedade Intelectual ou Industrial da Web ou de calquera dos produtos facilitados a través desta.
- As operacións e actividades expresamente prohibidas en calquera das outras seccións destas Condicións Xerais e, en xeral, calquera que poida prexudicar o normal funcionamento da Web, a Santillana, a outros usuarios ou a calquera terceiro.
LIGAZÓNS Á WEB
Queda autorizado o establecemento de vínculos e hipervínculos coa Web desde outras páxinas ou sitios web, sempre que estes non se fagan de forma que prexudique a imaxe pública e de marca de Santillana, da Web ou de calquera das persoas e dos produtos a que se faga referencia nela.
No establecemento de vínculos coa Web queda expresamente prohibida a utilización de técnicas que impliquen confusión sobre a identidade e propiedade dos contidos, tales como o framing ou outras.
Queda prohibido o establecemento de vínculos desde páxinas ou sitios web cuxos contidos promocionen ou fagan apoloxía, directa ou indirectamente, de calquera tipo de violencia, discriminación, pornografía ou actividade ilegal. Así mesmo, queda expresamente prohibido o establecemento de ligazóns con fins mercantís.
Na creación dos vínculos queda expresamente prohibida a utilización de elementos extraídos da Web, sen o consentimento previo e expreso de Santillana.
En ningún caso poderá entenderse que os vínculos á Web desde páxinas ou sitios web de terceiros implican relacións de Santillana cos titulares destes, nin implica apoio, patrocinio ou recomendación ningunha de Santillana sobre eles, polo que Santillana non será responsable en absoluto respecto do seu contido e licitude.
CONTIDOS E COMPORTAMENTO DO USUARIO
Como cliente ou usuario da Web comprométeste a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (como por exemplo descarga de materiais, posibles servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias) ofrecidos a través dela, e a non usalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Santillana, dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) difundir contidos que atenten contra a imaxe e reputación de Santillana ou de terceiros (v) atentar contra os dereitos de Propiedade Intelectual, Industrial, de imaxe, honor ou outros que correspondan a Santillana ou a terceiros.
Santillana terá plena liberdade de decisión sobre se as colaboracións e mensaxes son finalmente publicadas na Web ou non, e queda facultada para retiralas cando estime oportuno. Santillana queda facultada para publicar na Web os contidos subministrados por ti de forma parcial, resumida ou abreviada.
Co mero envío dun traballo, colaboración ou comentario, facultas a Santillana, ademais de a incluílo na Web para, por si mesma ou mediante a súa cesión a terceiros, proceder á súa reprodución, distribución e comunicación pública, en versión completa, condensada, adaptada ou abreviada, gratuíta ou onerosamente, en todo o mundo, en todos os idiomas, e noutros produtos que realice.
Os dereitos cedidos poderán ser exercitados en formato impreso, en calquera modalidade de edición, en soporte electrónico (óptico, magnético, magnético-óptico ou dixital) e por calquera medio de transmisión e/ou distribución.
A inclusión na Web de elementos proporcionados polos usuarios non implica apoio, patrocinio ou recomendación ningunha de Santillana sobre eles, polo que non seremos en absoluto responsables respecto do seu contido e licitude.
A infracción de calquera das normas contidas nestas Condicións de uso e, moi especialmente, do previsto na presente cláusula, facultarán a Santillana para darte de baixa de forma inmediata como usuario ou subscritor da Web.
CONTIDOS DE TERCEIROS
A inclusión na Web de elementos proporcionados por terceiros (que non sexan usuarios) non implica apoio, patrocinio ou recomendación ningunha de Santillana sobre eles, polo que Santillana non será responsable en absoluto respecto do seu contido e licitude.
Polo feito de proporcionar a través da Web acceso (mediante vínculos ou banners) con páxinas e sitios web, informacións, servizos, programas ou datos pertencentes a terceiras persoas, Santillana non se converte en editor deses contidos, nin se fai responsable, directa ou subsidiariamente, de cantas reclamacións poidan derivarse da calidade, fiabilidade, exactitude, licitude ou corrección deles.
MODIFICACIÓNS
Santillana reserva para si o dereito de efectuar, sen aviso previo, as modificacións que considere oportunas na Web, e pode cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través dela, como a forma en que estes aparezan presentados ou localizados.
Aínda que Santillana poñerá os maiores esforzos en manter actualizada e libre de erros a información contida na Web, non ofrece garantía ningunha respecto da súa exactitude e posta ao día. Tampouco está garantida a obtención de ningún resultado ou fin concreto, polo que o acceso e utilización da Web é de exclusiva responsabilidade dos usuarios e clientes.
Salvo cando expresamente se indique o contrario, as transmisións desde a Web non son realizadas nun medio seguro. En consecuencia, Santillana non garante que o acceso sexa ininterrompido ou libre de erros, e queda exonerada de calquera responsabilidade por danos derivados do uso ou imposibilidade de uso (incluíndo todos os danos indirectos, entre outros, a perda de beneficios, oportunidades de negocio, de información, etc.).
ACCIÓNS LEGAIS
Santillana perseguirá o incumprimento destas Condicións de Uso, así como calquera utilización indebida da Web ou dos seus contidos, as infraccións dos dereitos que lle correspondan a ela ou aos seus licenciantes, especialmente os de Propiedade Intelectual e Industrial, e exercerá todas as accións, civís e penais, que lle poidan corresponder en Dereito.
